Este mes fixemos unha ruta especial, Susana, una compañeira de universidade nos invitara a visitar Ponteceso xa o ano pasado, cando fun eu facer, daquela era a concelleira de turismo, una serie de fotografías dos atractivos turístico de Ponteceso, e por fin fumos. Como non era día laborable o luns, planificamos uns cantos extras á ruta, primeiro pensamos en visitar a Casa natal de Eduardo Pondal, por estar ó lado do comezo da ruta, pola súa importancia nas letras galegas e a conexión con Mondoñedo.
Logo quería ver o Domen de Dombate, porque cando estivera alí no 2008 estaba tapado cuns plasticos medio arrancados polo vento, e hoxe é un exemplo do que sempre decimos, que en outros lugares queren e cuidan o seu, e o poñen en valor, e deberíamos facer nosoutros o mismo. Por ultimo Susana nos recomendou visitar o Museo Etnolúdico de Galicia, ela se encargou de podermos visitar todos os lugares, e de que tivéramos guía en todas as visitas, e tamén na ruta.
Saímos coma sempre as 8 de Ferreira, preparados para unha longa viaxe no bus, non fixemos a parada obrigatoria do café a medio camiño, porque ás 11 quedáramos co señor que lles leva a contabilidade ós descendentes de Pondal, para una visita de un cuarto de hora, vinte minutos máximo, alargouse ata a hora e cuarto, debimos oir una ducia de veces, de personas distintas, que era un rarísimo privilexio poder visitar a casa de Pondal, porque é a casa particular do bisneto do poeta e non está musealizada, pero con nosoutors non escatimaron a visita nin as historias. Nos ensinaron o lugar de traballo do poeta e os inmensos xardíns, a madeira gardada para facer muebles, carballo que leva 200 anos cortado, contándonos mil anécdotas, coñecimos ó bisneto, que eso si que foi un privilexio ainda maior, nos regalou varias anécdotas do seu antergo, como que quen traballaban era seu pai e seu irmao, el era o señorito. Médico que non exercía porque cando se descubriu a existencia dos microbios lles colleu medo, que era hipocondríaco profundo, vamos, e que incluso un día de paseo cunha novieta a cabalo esta caeu nun barrizal e cando lle pediu axuda para levantarse o poeta lle contestou que non que había microbios, poético a más non poder…… con moitas mais anécdotas no peto nos puxemos a andar, as 12:15, si, a normal hora do tentempé…..
Comezamos recorrendo o malecón que atravesa a xunqueira, construido para secar esta e poder cultivar alí, como nos explicou Javier o noso guía, pero que ahora teñen canalizada para que accedan as mareas casi normalmente.
Seguimos hacia o Monte Branco pola marxe dereita da ría nun paseo precioso cun día gris invernoso que quizás non seña a peor maneira de visitar a Costa da Morte, chegando ó Monte Branco, se chama así porque por culpa da area da inmensa barra que está na bocana da ría que transporta o vento, esta parece una xigantesca duna de area blanca, vimos esta barra enfrente de Cabana de bergantiños que é inmensa, curiosa e preciosa, esta protexe o banco marisqueiro do mar bravo da Costa da Morte que a bate formando unha bonita praia aberta.
Na parte de terra está formada por dunas mobiles, que non visitamos, pero de outras veces que estiven, sei que no medio das dunas non costa nada facer fotografias a lo David Lean, mais adiante está a inmensa praia para pasear tranquilo, sin xente, cunhas preciosas vistas de Pedra Cuca e Neaño, en Cabana de Bergantiños terra de moi boa xente.
Bordemaos o Monte Branco a media ladeira ata Balarés, unha paraxe propiedade da familia de Pondal, dos Valdés, que cederon á diputación, pero que siguen facendo eles o mantemento do piñeiral. Tamén hai un restaurante en concesión cunhas vistas impresionantes.
Logo seguimos ata Corme, acompañados dun pertinaz orballo. Vimos a pedra da serpe relacionada con antigos cultos animistas precristianos, que segundo a costumbre de cristianizar lugares sagrados paganos, lle puxeron unha cruz encima e adxuntaron a lenda de que un santo matou alí unha culebra moi grande que comía nenos......
O seguinte paso foi a Praia da Ermida, tamén moi cuca cunha area recreativa que apetecía visitar, sin orballo, claro.
Por último chegamos a Corme, pequena aldea mariñeira con bateas, ben conservada, pola que pasamos visto y no visto porque era moitísima hora de comer.
Ainda así visitamos o famoso Roncudo, onde están os persebes coma puños de Currás, coas cruces ós mortos no mar e o faro que non costa imaxinar atravesado polas olas nos temporais de inverno.
Logo de poñer roupa seca, que se agradeceu, fumos comer cun retraso acumulado de proporcións bíblicas, pero mereceu a pena tal retraso polo moito que aprendimos, na casa de Pondal nos contaron a orixe do pobo de Ponteceso ligado intimamente á familia do poeta, que se dedicaba a comerciar con América, sendo fidalgos en vez de vivir de rentas, anclados no antigo réximen, foron burgueses, comerciantes. Foron alcaldes e diputados provinciais, fixeron a ponte actual, carreteras e proxectaron comunicacións con santiago e ata unha liña de tren de Coruña a Corcubión, digamos que eran o que hoxe se chama emprendedores, o que os fixo inmensamente ricos, claro.
E na ruta Javier nos foi explicado a historia de cada lugar polo que pasábamos e numerosas curiosidades.
Pois ben, logo de comer-merendar, fumos ata Dombate, onde Lito, o guía do monumento, nos esperaba, nos explicou que os dolmenes son en realidae as cámaras de pedra enterradas nos túmulos que quedaron ó aire pola erosión ou a pillaxe. Tamén que nesta se encontraron pinturas ben conservadas, o que o facía tan especial. Ainda que o proxecto tivo dificultades presupuestarias, e foi no seu tempo un exemplo de chapuza galaica, hoxe en día é un exemplo a seguir, un edifico impresionante o que acolle o monumento, que o pon en valor sin estobar e absoluto, sendo respetuoso arquitectónicamente. Non digo que se debería facer algo así con cada coio que se encontre nun prado, pero desde logo que é o exemplo a seguir.
Por último fumos ó museo etnolúdico de Galicia, non de xoguetes tradicionais, de xogos e deportes tradicionais, e a verdade é que nos quedamos impresionados todos. O director, que foi o noso guía, Ricardo un antigo profesor de INEF en Coruña de 72 anos, desplegou unha enerxía e unha paixón que nos deixou pasmados, ademais fora o bautizo do seu primeiro neto e nos veu atender o home, o que é de agradecer e fala moito do seu compromiso e paixón. Nos puxo a xogar, nos fixo cómplices en todo momento do que decía, creo que a maioría nos gañou para a causa de non perder a nosa historia, tampouco no lúdico, e sobre todo nos fixo pensar que si chegamos ós 72 anos cun 10% desa paixón e enerxía nos podemos dar cun canto nos dentes. Levábamos alí unha hora e non víramos nin a metade da primeira vitrina cando a busera me dixo que non tiña disco para chegar a Ferreira e houbo que marchar. Pero a opinión xeral foi que outra vez temos que volver a Ponteceso, con tempo para que Ricardo nos explique todas e cada unha das pezas, ou a polo menos a maioría.
E bueno a ruta en sí foi moi bonita, a Costa da Morte e espectacular, pouco que envidiar á nosa, e a barra de area e moi singular e bela, pena non nos acompañara moito o tempo, pero non o podemos pedir todo, e as visitas tamén me encantaron e penso que ós demais, na casa de Pondal aprendimos moitísimo do nacemento dun pobo, nosoutros que vivimos casi todos en pobos milenarios, pero a costa da morte é distinta, un simil aquí sería Burela, por exemplo. O Dolmen foi digno de ver tamén, a ver, que nos saimos do camiño para ver as mais das veces catro pedras entre as silvas. E o museo etnolúdico de Ricardo, e o propio Ricardo, pois que decir, se ve nas fotos as caras de todos escoitando atentos, desde trintañeros a coetaneos do propio Ricardo, despois de levantarse ás 7 da mañá como pouco, dunha ruta baixo a chuvia, tras 12 horas de rumbar, visitar cousas e escoitar historias e anécdotas, vamos, impresionante, o dito, volveremos.
E eso que espero que fora para todos tan boa experiencia como para min, e seguiremos disfrutando xuntos de unha rutiña ó mes como mínimo.
Juan
jueves, 15 de octubre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)